Coplas Padrendinas


Mundo Sineiro operando un cacho de molete.

Bodega de Sineiro,
que é gaiteiro e ten bon viño,
á sombra da naranxeira,
grolo do de Barrantes,
a muiñeira
e o Albariño;
conversa de boa xente,
serán tranquilo,
¡esa merenda e café quente!
que entre nós
non hai mal dente.

E dalle á gaita,
Xaquín Xesteira
que xa ten Pazos
a súa pandeira;
Iván co bombo
e o meu tambor:Xaquín Xesteira: non parou de 'soplar'
non hai no mundo
festa mellor.

O Dubi sopla,
suda o Ricardo
e canta unha copla:
-¡Unha botella
e maila rabeira
para ir pensando
nunha terceira:
que non se diga
que non se bebe
porque non pagar
o que aquí se debe.
(¡Que bo está o viño,
o demo me leve!)

E dalle á gaita,Dubi e Santos, nun momento de descanso
Xaquín Xesteira
que xa ten Pazos
a súa pandeira;
Iván co bombo
e o meu tambor:
non hai no mundo
festa mellor.

Xota e fandango,
festa rachada,
foguetes de lonxe,
¡non falta de nada!
Un pasarrúas,
dúas muiñadas
n'hai mozas solteiras:
son todas casadas
¡por eso non bailan
as condenadas!

Festa rachadaE dalle á gaita,
Xaquín Xesteira
que xa ten Pazos
a súa pandeira;
Iván co bombo
e o meu tambor:
non hai no mundo
festa mellor.

Chégase a noite,
hay que ir pensando
en botarse fora,
e, arestora,
a bodeguiña queda temblando.
-Pero, ¿qué ven os meus ollos
naquel altiño?Máis festa.
¿Só queda unha botella
do meu Albariño?
¡Ay miña Uxia
vai de contado
no sexa que a vexa
o diaño Ricardo!.

E dalle á gaita,
Xaquín Xesteira
que xa ten Pazos
a súa pandeira;
Iván co bombo
e o meu tambor:
non hai no mundo
festa mellor.

A Edmundo Sineiro, que cáseque vaciou a bodega aquela tarde.


Se tes algo que dicir: José J. Presedo.