Proxecto de Midigaita


Elucubracións teóricas e prácticas para a construcción deste instrumento.


Disquisicións previas.

Hai moito tempo que me anda pola cabeza este proxecto. Non é que pretenda pasar da gaita tradicional nin que desexe superala cun instrumento electrónico, non. Trátase de romperse a cabeza para facer unha ferramenta, por outra parte xa inventada, que nos axude a engancha-la gaita ao mundo da cada vez máis corrente dixitalización. ¿Quen non pensou algunha vez poder tocar as catro da mañán cando o insomnio espabila as nosas neuronas?; ¿e quén, a parte de J.L. Calle, non pensou outra vez o poder ir sentado no compartimento dun tren dandolle caña á muiñeira de Poio sin que os compañeiros de viaxe lle abran a un a cabeza?; e ¿quén, agás eu mesmo, non pensou algunha vez poder tocar unha peza e, con so iso, ter a partitura perfectamente escrita, en vez de ir con 'rato' picando nota a nota? Pois calqueira de eses 'quen' estaba pensando nunha gaita ou punteiro midi. No meu caso, despois de ter picado miles de notas a 'rato', seria unha ferramenta que non teria prezo. Máis de unha vez pensei que se eu dispuxera diste instrumento teriame aforrado moito traballo.

Ben mirado, este instrumento non é máis que un piano ou organo 'midi' con teclado preparado para a dixitación da gaita. Os punteiros teñen normalmente oito buratos (agás os de Xesús Vaamonde que teñen nove). Cada burato e tapado ou destapado por cadanseu dedo. Tapado - destapado, si - non, certo - falso, ¿non sona a electrónica dixital?. Pois precisamente. Se cada burato o vemos como unha tecla sensorial, teremos un teclado de oito teclas que detectarán cando os nosos dedos as pisen ou non. E dicir, que cos nosos oito dedos utiles para a gaita (nove en Vaamonde) podemos facer 256 posicións distintas que, mediante unha matriz de outros tantos elementos de memoria, podemos descodificar facilmente en notas que poden ser transmitidas según a norma midi a calqueira instrumento, ordenador, tarxeta de son, secuenciador, etc, que este preparado para aceptar mensaxes midi.

Ata agora a electrónica necesaria para construir o invento este era voluminosa, de alto consumo e de dificil diseño. Pero e que agora hai uns microprocesadores programables que son unha verdadeira maravilla. Teñen un lote de circuitos xa diseñados no seu interior, posuen memoria tanto ram coma rom internas. Contan cunha liguaxe de programación sinxela e permiten ao usuario dispoñer de un lote importante de portos de entrada/saida e liñas de control que simplifican enormemente a circuiteria externa. Inda por riba, estes microchips son baratos. Algúns destes pequenos cerebros contan con un ou dous portos 'serie' completamente programables. Esta facilidade apunta dereitamente á norma midi. As mensaxes midi transmítense en serie a unha determinada frecuencia.

No que ás notas se refire, cada mensaxe midi consta de tres bytes transmitidos: número do canal donde ha sonar ou parar a nota, nota que ten que sonar ou parar e velocidade (forza ou intesidade) da mesma. Visto esto, e sabendo que a gaita e un instrumento de son contínuo, o plantexamento algoritmico do instrumento e o seguinte: cada vez que se detecte un cambio na combinación de dedos sobre as teclas (buratos) hay que mandar unha mensaxe midi de 'parar a nota que estea sonando', e, de seguido, outra de 'facer sonar a nota correspondente á nova convinación de dedos' (postura). Esto quere dicir que, tal e como sucede na gaita real, unha nota sonará contínua mentras non haxa un novo movemento de dedos. Si queremos complicar o invento, tamén podemos colocar pedales ou interruptores ou pulsadores para outras moitas funcións, pero o algoritmo básico e o de scanear o teclado, traducir a nota e mandar a mensaxe midi correspondente. Si conseguimos compatibilizar a midigaita ca norma midi, podemola conectar a calqueira instrumento ou incluso a un sampler para aproveitarmos tódalas suas ventaxas en favor do noso disfrute.

Sobre o 'teclado'

Sabido é que vai ser dificil, por non dicir imposible, conseguir un punteiro igual aos de verdade, pero haberá que tratar de lograr que se pareza o mais posible. Falei antes de un teclado sensorial, deses que con só pousa-lo dedo enriba xa temos, sin necesidad de apretar ningún pulsador, 'tapado o burato'. Ó meu entender, esta e a solución con mellor relación calidade-prezo. Poderianse utilizar tamén fototransistores ou fotocélulas, pero complica a circuiteria e a programación, amén da posibilidades de error de identificación da nota según o nivel de luminosidade do lugar donde se toque. Un teclado sensorial sin demasiadas pretensións non é excesivamente complicado de construir. Pódese facer dereitamente sobre a placa de circuito impreso donde se inserten tódolos compoñentes electrónicos. Unha ducia de compoñentes discretos e tres ou catro circuitos integrados de portas lóxicas abondan para crealo. As saidas de estas portas lóxicas, onde se recollen os sinais de 'tapado-destapado' do teclado hanse conectar ás liñas de un dos portos e/s do microprocesador.

As distintas dixitacións

O poder tocar con dixitación aberta ou pechada, asturiana, irlandesa, escocesa, etc. nun punteiro midi non e máis que un problema de programación, e dicir, de traducción de unha postura determinada á nota correspondente. Con só cambiar a matriz de 256 elementos de conversión pódese cambiar de dixitación, sin cambios na circuiteria.

O amigo Emilio Mesías, de Ares, A Coruña, ademáis de ter unha imaxinación estupenda, ten moi boa man para o lápiz. E para mostra, vaia este debuxo de unha das posible formas de construcción física do punteiro e da suá utilización. É a primeira colaboración que recibo aparte da do arxentino Oscar Martinez, que me puxo na pista do microcontrolador a utilizar. O meu máis profundo agradecemento ós dous e máis a todos os que me animades a seguir con esta peregrina pero gratificante idea.

Continuará

Por suposto, admítense e agradécense comentarios, suxerencias, censuras, etc.

Ben. Pois despois de moito tempo, este aparello está case listo e xa toca. Unha mostra: a muiñeira de
Chantada por D. Ricardo Portela, cun acompañamento de clarinete. Está grabada en Real Audio por
mor da súas lonxitude (2000Ks que se convirten en 165), polo que a calidade non é boa.

Muiñeira de Chantada.


Se tes algo que dicir: José J. Presedo.