Marmurios de Leucoíña


O Nome

Con doce voz, coma se de mel fose, cantaba Leucoíña, arrolada pola blanca espuma de tódolos mares axudando aos navegantes nas furias de Eolo e Zeus. Quixeron os deuses que Teucro, farto de guerras, fixérase ao mar en busca de novas terras e quedara prendado polas cantigas da serea. Ela, cos seus doces cantos, guiouno fora das columnas de Hercules ata a ria de Marín. Por ali andiveron, e por Poio, A Caeira, Lérez e Lourizán. Cando veu a noitiña os homes plantaron as tendas na Moureira e Leucoíña cantaba na clara noite cun aquel de 'alalá' de non sei que tristura. Nun repente desapareceu e nunca máis de ela se soubo. Teucro, desesperado, saiu na súa busca e tamén desapareceu. Din os homes de mar que inda ás veces se oe a súa melancólica voz e os seus marmurios, ao lonxe, nas noites de mar serea.


Os comenzos

Marmurios. Os inicios.En febreiro de 1979, uns rapaces pontevedreses deciden formar un grupo de gaitas que poda nun futuro servir de escola, representando, ao mesmo tempo, a unha comarca cun pasado musical esplendoroso. A súa primeira aparición pública prodúcese en maio dese mesmo ano. A partir de entón comenza unha labor de recopilación da música tradicional compartida con actuacións, sobre todo de carácter benéfico e cultural, e a colaboración con un grupo de danzas que se formaba naqueles días. A súa primeira denominación foi 'Duos Pontes', nome que se supón a Pontevedra por parte dos románs.


Marmurios e a Peregrina.

En xuño de 1980, o Grupo de Danzas do Ministerio de Cultura de Pontevedra, creado no ano 1942, decide contar cos seus servicios como gaiteiros, actividade que realizan sen ningún tipo de remuneración. Máis adiante o grupo de danzas pasa a denominarse tamén 'Duos Pontes', nome que inda hoxe conservan.

En setembro de 1985, despois de 5 anos de traballo con grupo de danzas, abandonan esta labor desinteresada para poderen ampliar o seu eido de traballo e actividades e pasan a denominarse 'Marmurios de Leucoíña', en honor á serea que guiou ao grego Teucro para a fundación de Pontevedra. Abrense asi novos horizontes na recopilación, difusión e interpretación do legado folclórico.

No ano 87 pasan a formar parte da 'Obra socio-cultural de Elnosa' actuando para este ente e organizando diversos actos culturais en relación coa música galega. Entre estas actuacións cabe destacar a interpretación en diferentes iglesias galegas da 'Misa pra as romerias galegas' do Padre Feijoo. Na organización de actividades, os ciclos sobre as danzas procesionales, celebrados en Pontevedra con Pablo Quintana e na Aula Magna da facultade de farmacia de Santiago co profesor Dr. Juan Esteva de Sagrera.


A escola


A escola de Gaiteiros da Asociación folclórica Marmurios de Leucoíña forma xente para o noso instrumento dende o ano 1995, non coma meros tañedores da gaita senon coma homes que fan súa a filosofia dos gaiteiros clásicos que entendian a gaita coma unha prolongación de si mesmos; músicos que dan máis importancia á transmisión dos seus sentimentos coa música que interpretan que á pura execución mecánica e pseudo virtuosista. A escola utiliza o método de toque ou dixitación pechada, tal como facian os antergos gaiteiros especialmente en Pontevedra e a súa bisbarra. As clases impártense utilizando flautas coa dixitación adaptada por diversas razón, pero a primeira e máis importante e que o seu prezo permite que calquera se achegue sen un desembolso importante e, por tanto, sen medo a peder unha cantidade respetable de cartos si un no segue adiante coa gaita.

Coménzase por ensinar técnicas de dixitación con exercicios que van afacendo os dedos á dixitación do instrumento. Os alumnos atopan que, en poucos dias, son quen de articular pezas sinxelas coma 'A miña Rosiña', 'Muiñeira dos nenos', etc. Esto contruibue a facer a aprendizaxe amena e a non rendirse as primeras de cambio. Os primeiros contactos coa gaita non tardan en chegar e para entón xa os dedos están acostumbrados a ir arriba a abaixo no instrumento adaptado. Comenza entón o paredizaxe do tempero do fol, a outra mitade do segredo.

O ensino apoiase en partituras convencionais, cifradas se o alumno non entende o solfexo, e en cintas gravadas para axudarlle nos seus estudios na casa. Acompáñanse con clases de introducción ao solfexo se o alumno o necesita e/ou quere.

No convencemento de que para ser gaiteiro non só hai que saber tocar a gaita, organizanse visitas a museos, talleres de artesáns e outros lugares de interese para que os alumnos teñan unha visión global e completa do mundo da gaita. Organízanse tamén xuntanzas e conferencias con e de outros gaiteiros para que se coñezan outros estilos e outras filosofias deste mundo entrañable e alegre de xente namorada de unha música, de unha forma de ser, en fin, de unha cultura coma a nosa.

.Na Rebotica de Esteban.
.
.
.
.
.
A escola foi fundada polo gaiteiro e boticario Pontevedrés Eduardo Esteban e mailo gaiteiro José Álvaro Novegil. Na actualidade está conducida por Astrid Filgueira e José J. Presedo, sempre coa inestimable axuda do mestre gaiteiro e boticario Eduardo Esteban. Na foto pódese ver como nas reboticas de Pontevedra sempre se prepararon as fórmulas maxistráis do noso folclore. (De esquerda a dereita: Alvaro Novegil, J. Presedo e Astrid e Elenita Filgueira).
.
.
.


O Album fotográfico

Carlos Núñez

Carlos Núñez no peche do I Curso de toque pechado.


Núñez e Novegil

Esteban, Presedo, Núnez e Novegil na Taberna Alvariñas. ( ¡Que ben cenamos aquela noite! )


Nuñez e Novegil.

Núñez, Novegil e máis D. Faustino V.


Carlos Rei

Herme Fernández (Q.E.P.D.), Carlos Rei e Cano e Sra. cos alumnos e profesores da escola.


Taller de Seivane

Alvaro Seivane, en presencia do seu pai, mostrando aos alumnos como se fai unha gaita. Ao fondo pódese ver a colección de excariadores. Alvaro explica a curvatura de un deles.


Casa Seivane.

A foto diante da catedral das gaitas.


Museo da Terra de Melide

Visita ao Museo da Terra de Melide.


O grupo en Melide.

O grupo en Melide.




Se tes algo que dicir: José J. Presedo.