l-gaita

Únete a l-gaita.
Pulsa aqui para unirte


L-gaita é unha lista de correo donde se fala (normalmente en voz baixa ) sobre o mundo das gaitas. A lista foi fundada por Pedro Silva , gaiteiro residente en Murcia a finales do ano 1998. Dende entón, máis de un cento de soplador@s de foles disertamos sobre as nosas aventuras e desventuras co noso instrumento e a nosa música.


Conceptos básicos: Unha lista de correo no é máis que un espacio virtual con unha dirección de correo electrónico. Cada mensaxe que se envia a ese enderezo (neste caso l-gaita@onelist.com ) é distribuida automáticamente a toda a xente que estea suscrita a esa lista nese momento. De este xeito, todos os membros leen as mensaxes de todos os membros dando asi lugar a unha especie de mesa redonda na que cada quen expón a súa opinión para o debate. Estas listas de correo ríxense por certas normas que, na súa esencia, non son máis que meras reglas básicas de urbanidade e convivencia. Trátase de opinar, falar, escribir e contestar como se un estivera falando normalmente: coa debida cortesía ,educación e respeto. Polo que á redacción e envio das mensaxes, hai que aterse as normas xerais para os envios de 'e-mails' pola rede. Úsanse, para que queden claros certos estados de ánimo e expresións, os coñecidos 'smileys', tan populares nos chats: :-) , :-( , :-o , etc., que representan cariñas si se miran coa testa de lado. Esto evita malos entendidos pola falta de expresividade de entonación de que adoece a linguaxe escrita, evitando asi que alguén se tome en serio unha frase que o outro escribe de broma ou con certa ironía. As listas de correo electrónico teñen un ou máis moderadores que se encargan de manter en bo funcionamento toda a mecánica informática do grupo e, si é necesario, chamar á orden, correxir, censurar, moderar a todo aquel que non cumpla as normas. Tamén poden, en un momento dado, vetar ou separar da lista a calqueira membro. O propietario (fundador do grupo) pode, incluso, cerralo si o estima oportuno. Para poder enviar mensaxes á lista hai que estar suscrito a ela. Asi mesmo ten que ser para recibilos. Hai, evidentemente, maneira de darse de baixa se a lista no é do agrado de un.

A lista l-gaita: Esta lista está aloxada gratuitamente no servidor Onelist e foi creada por Pedro Silva para a discusión de temas de gaita. As súas linguas oficiáis son: galego, castelán e inglés. Ademáis de mensaxe, a lista dispón, no mesmo servidor, de un espacio de intercambio para deixar alí arquivos de interés para os membros do foro. Hay suscrita xente de todo o mundo e que tocan e gustan de distintas gaitas: galega, aragonesa (de boto), catalana (sac de gemecs), escoces, irlandesa, etc.etc. etc. La página principal de la lista es: http://www.onelist.com/community/l-gaita . Aquí pódese encontrar información sobre ela como os seus obxectivos ou o número de mensaxes que move cada mes. Desde aquí tamén se pode baixar ao nivel de subscripción para ser un membro máis.

Únete a l-gaita.


Se tes algo que dicir: José J. Presedo