(-: Algúns Amigos :-)


José Luis e Sara

José Luís Calle García, galego por convicción e madrileño de nacer, e un home sin o que non se pode entender a nosa gaita de hoxe. Autor de varios libros, investigador e defensor a ultranza da pureza da nosa música, leva mais de dez anos aglutinando e reunindo xente que, coma él, ve a gaita coma un feito cultural inseparable do sentir galego.

José Luís é o mellor amigo dos seus amigos e firme, anque tolerante, cos presuntos 'inimigos'. É un exemplo a seguir para todos os que non queremos que se perdan as tradicións e que se unifiquen criterios que fagan da nosa cultura un bastión forte e infranqueable que evite o seu deterioro ou destrucción.
.
.
.
José Luis e Sara lucindo ledos sorrisos.
.

José SeivaneD. José Seivane, gaiteiro e fundador do Obradoiro de gaitas
Seivane, do cal sairon moitas das gaitas que hoxe pululan por
todo o ancho mundo, na compaña dos seus fillos Alvaro e
José e, últimamente da súa neta Susana, da conta de unha
grande cantidade de buxo, granadillo e outras madeiras
nobles que convirte en gaitas de indudable calidade.
.
.
.
D. José Seivane, visiblemente aburrido,
durante unha visita da escola de gaitas
'Marmurios de Leucoiña'
.

Astrid FilgueiraAstrid Filgueira Álvarez e unha gaiteira e filóloga comprometida
de cheo coa musica popular e a cultura galegas. Formou parte
das agrupacións folclóricas Celme e Gandaina de Pontevedra, e
na actualidade e profesora de gaita na escola de 'Marmurios de
Leucoiña'. Licenciada en Filoloxia Hispánica e a piques de selo
en Galego-portuguesa, e galego falante convencida, tanto, que é
moi dificil oirlle unha verba que non sexa na nosa lingua, a non ser
cando deixa de lado o seu habitual bo caracter e xura, porque
sabe, en alemán ou arameo. Poria o seu teléfono, pero igual me
da un capón ;-)

.
.
.
.
.
.
.
.
Astrid no teleclú de Palavea facendo un anuncio de Profidén.


SonsolesSonsoles Martínez Jiménez, 18 anos de
muller con un talento especial para a gaita.
Filla de Fermín Martinez, gaiteiro dos
'Trazantes de Tenorio', fai honra da casta
e ten xa no seu haber diversos premios tanto
como solista como en grupo tradiconal.

.

.
.
.
.
.
.
.
.

Sonsoles, concentrada antes do concurso de A Estrada.

Juan Carlos IglesiasJuan Carlos Iglesias e un rapaz que malia súa corta
idade, ten xa colleitado exitos coa súa gaita
de granadillo. Varios premios tanto como solista
como en grupo avalan a súa calidade técnica.
Ollo a este rapaz de Combarro - Poio, que ha
de dar moito que falar.
.
.
.
.
.
.
.
.
Juan, o gaiteiro de Combarro.

Andres VilánAndrés Vilán alias 'Sito', un
tamborileiro dos que petan duro.
Flaco e dereito coma as baquetas
que manexa maxistralmente, é un
home moi seguro no seu instrumento
e o amo do redoble.

.
.
.
.
.
.
Andrés, na súa pose habitual.


Manolo CarroManuel Carro Liñares non é que teña un
cabeza especialmente grande, pero
ten as neuronas moi ben dispostas
para a música, entre outras cousas.
Toca a gaita dende moi pequeno,
anque na foto podémolo ver dándolle
ó beo dunha zanfona de Xaime Rivas.
E o creador da primeira páxina
adicada á gaita galega en Internet.
.
.
.
.
Manolo Carro dándolle ó beo.


D. Eduardo Esteban Meruéndano, alias 'Dito', alias 'E. Meruendano',
alias 'Estebo', alias 'Trolas', é o boticario-gaiteiro de finales do século XX,
xusto á imaxe e semellanza de D. Perfecto, o do loro. Eduardo non
ten loro, pero unha vez meteu e formol o de unha clienta súa. Logo
de preguntarlle á apenada señora o nome e data de pasamento do
embalsamado, escribiu no frasco de cristal con rotulador indeleble
de riguroso negro, e debaixo dunha cruz que previamente pintara:
'Pancho; 12-5-97; R.I.P.'

.
.
.
.
.
.
.
.
.
D. Eduardo o reboticario.

Oli Xiraldez Rio

Oli Xiráldez Rio, 'artesán de gaitas e frautas galegas',
como reza a súa taxeta de visita, e un gaiteiro
de certo tinte bermello e insubmiso declarado. É
compoñente do grupo 'Chouteira' no que toca as requintas
que el mesmo 'perpetra' }:-) no seu obradoiro de Santiago
que, dito sexa de paso, inda non coñezo (Oli, a ver si se
che ve un detalle e invitas a unha de chocos para
inaugura-lo novo obradoiro).

.

.

Oli, blowing up one of his cocobologaitas.

Fernando Díaz BlancoFernando Díaz Blanco, tamborileiro con sabor
a tarde de sardiñada, deses que fan do tambor
simplemente o acompañamento da gaita. Viviu
en Pontevedra pero, por mor das coursas do
traballo que, nestes casos nótaselle ben a súa
terminación en 'allo', tivo que voltar á súa terra
natal, A Coruña.
.
.
.
.
.
.
.
Fernando, o dia que perdeu a coitela de barbear.
.

Pablo Carpintero AriasPablo Carpintero Arias non só ten de gaiteiro a
'pose' da foto. E un home que domina á perfección o
instrumento tanto en aberto como en toque pechado.
Leva moitos kilómetros ó lombo na procura das fontes
máis puras da música de gaita. Coñece, toca e domina
outras gaitas do noso entono, coma a sanabresa ou
a asturiana. Arestora fabrica instrumentos de percusión
no seu obradoiro de Santiago, pero non lle cerra as
portas a facer un dia gaitas.
.
.
.
.
.
Pablo Carpintero, en traxe de faena.

Luis CorralLuis Corral mamou o enxebrismo pateando dende neno
toda a comarca das Mariñas e outras da bisbarra da
Coruña co grupo 'Os Cinco de Galicia', un dos xa
clásicos do panorama musical galego. As dianas
e alboradas curtiron o seu 'toque' coma a pelexa
tensa do tambor que a duras penas paseaba polas
corredoiras de Ouces ou do Castro. Se hai un
tamborileiro con verdadeiro sabor enxebre, ese e
o noso Luis.
.
.
.
Luis, co bombo e a súa maza de lá.

Pablo López TorneiroPablo López Torneiro pode que haxa que definilo máis que
coma un gaiteiro brilante, que o é, coma un músico brilante.
Compositor e acordeonista virtuoso está a rematá-la carreira
de enxeñeria ó mesmo tempo que se bebe a de músico no
conservatorio de Pontevedra. E quen de facer cousas
realmente incribles coa gaita ( de fol ).
.
.
.
.
.
.
Pablo, un pouco escorado.

Nabor LópezNabor López e un home que leva feito moitos
gaiteiros en inglés ou, polo menos, en gal-english.
Por sorte para os que estamos deste lado do Atlántico
Nabor voltou das súas andanzas por terras
norteamericanas nas que foi mestre de gaita
dos principales centros galegos de New York
e Newark. Agora templa os seus foles por Vigo.
.
.
.
.
Nabor co tristemente finado Nazario González 'Moxenas'

.

Os Rueiriños de Nos.

Xerardo e mailos seus pupilos,
Os Rueiriños de Nos,
diante da miña casa
durante unha alborada no
San Xoan aló polos oitenta e tantos.

O primeiro pola dereita e Tonecho, o
actual violinista de Susana Seivane.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.

Seivane e Novegil.

Alvaro Seivane e Alvaro Novegil conversando sobre o divino e o humán.
Ao meu parecer, dous Alvaros xuntos, e desa talla, non argallan
nada bo ;-)

.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.


José Seivane Jr.O Señor D. José Seivane Jr.. Mirada perdida.
¿Tal vez pensando en crema
pasteleira e blanco merengue?
¿Ou tal vez nas troitiñas do rio da
Riveira de Piquín que agora queda tan lonxe?
.
.

.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.


Aquí hai máis amigos


José J. Presedo.